ArticlePDF Available

Día das Letras Galegas 2004 «Galiza: unha das sete nacións celtas»-Canto de celta ten Galicia?! Hans-Ingo Radatz (EichsHitt /Aquisgrán)

Authors:

Abstract

A relación de Galicia cos celtas é algo que practicamente todos dan por suposto, non só en Galicia, senón tamén fóra dela. Abonda con observar os elementos que parecen xustificar o celtismo galego. Xa só a paisaxe é inequivoca-mente celta: rochas de granito cubertas polo limo, da mesma formación xeolóxica que caracteriza Irlanda, Gales e a Bre-taña, e que facilita o material para a construción das vivendas tan tipicamente celtas. Mesmo a choiva, que anualmente aso-laga Santiago máis incluso do que a un prototípico lamazal como Edinburgo, é sen dúbida un elemento indispendable do celtismo. Pero aínda máis importante: os galegos tocan a gai-ta! Se hai un instrumento celta, de certo é este. E debeu chegar a Galicia dende Escocia, evidentemente a través do celtismo común. Que se escoite se non a música dos grupos galegos de folk máis importantes: celta! Non é de estrañar que os irlan-deses Chieftains participen nos discos de Carlos Núñez, que os bretóns Bleizi Ruz teñan gaitas galegas entre os seus in-strumentos, ou que os galegos, como nación celta, presente anualmente a súa música no Emvod ar Gelted, o «Festival In-tercelta» en Lorient, xunto con Irlanda, Escocia ou Cornu-alles. E está o deseño típico da artesanía galega, co seu knot-work celta, os ornamentos de feitío medieval e serpeante, que todos coñecemos por Irlanda. E a típica escritura galega, de forma uncial ó xeito do Book of Kells. Por se non abondasen estas probas, temos o feito de que en Galicia hai menhires, dólmenes e outros monumentos mega-Iíticos, tal e como foron erixidos polos antigos celtas en tem-pos pasados, en Galicia igual ca na Bretaña ou Escocia. Ade-mais está ese riquísimo conxunto de lendas (celtas!) e de ar-cai cas tradicións como, por exemplo, a das cacharelas de San Xoán ou a crenza nas meigas: «Eu non creo nas meigas ... pero habelas, hainas» (claros vestixios da antiga relixión druídi-ca!). Mesmo o himno galego non deixa dúbida da raigame celta de Galicia: un pobo de bardos, descendente do heroico e mítico patriarca Breogán. O seguinte texto ofrece unha idea da profundidade coa que este celtismo arraigou na concienca nacional galega: Galiza, Nación Celta 2 [ ... ] Antes de que las gentes célticas llegasen a galicia esta tenía el ambiente donde se gestó el pueblo eu-ropeo de los celtas. Ese ambiente megalítico, se repartía por toda la costa atlántico-cantabrica en nues-tra península y aún se reparte, y a pesar de los arados y el fuerte cristianismo sigue siendo en galicia la zona de mayor densidad megalítica. Se sabe que los celtas salieron de estas gentes y de ahí la facil aceptación en las zona antes nombrada. [ ... ] Y es que no es coinci-dencia que los pueblos que fuesen habitados por celtas tengan en su folclore Ia presencia de la Gaita de la misma manera que tam poco es coincidencia que si tu Galicien-Magazin 16/Mai 2005 haces una mezcla entre gaélico y latín te salga algo muy parecido al gallego [ ... ] Mas allá del ciego romanticismo de Eduardo Pon-dal y Manuel Murguía se ve una realidad que no se ale-ja tanto de la palabra de los dos escritores gallegos. Conforman miles de leyendas y tradiciones antiguas nuestra celtia; por ejemplo la torre de hércules que se identifica con [ ... ] la torre de breogán [ ... ]. El grial se encuentra en O cebreiro según muchos extranjeros. No existe ningún lugar donde esté más enrraizada Ia cos-tumbre de «San Xoan». El 1 de Febrero (Imbloc) ex-iste una fiesta en la que se ahuman las cosechas y luego se ayuda con las del vecino. Curiosa es la toponimia; que dejó el nombre de un dios celta a una ciudad (Lugo); el nombre de una tribu (brigantinos) a toda una zona (bergantiños) y el de una raza (celtas) a tres poblaciones gallegas (céltigos; en la provincia de A Coruña; Céltigos en la Mariña lucense; y Céltigos mas abajo de Ia ciudad de Lugo). Mas si esto, y muchas más cosas con las que se harían uno o diez libros, no bastasen, llegan exiliados bretones en el siglo V para quedarse en el antiguo Reyno de Galizia; y fundan el Vispado de Britona; del mismo modo que fundaron en francia el reino de Bre-toña; y establecen su capital en el pueblo que aun hoy existe: Bretoña. Mas cuando a toda españa le atacaban los musulmanes; aquí pocos recuerdos de ellos quedaron; porque nuestros enemigos venían de otro lado; nos atacaban los Normandos. He aquí, en Ia esquina de todo la celtia española, la galia pequeña, la otra bretaña, la madre de irlanda, abuela de escocia, nación de breogán, la cuna de Amergín, el reino de gaedels, territorio del milesián, los hijos de Scythia, el refugio bretón, la isla galaica, la patria de Occe ... He aquí Galiza «unha das sete nacións celtas».
Día das Letras Galegas 2004
«Galiza: unha das sete nacións celtas» -Canto de celta ten Galicia?!
Hans-Ingo Radatz (EichsHitt /Aquisgrán)
Arelación de Galicia cos celtas é algo que practicamente
todos dan por suposto, non en Galicia, senón tamén
fóra dela. Abonda con observar os elementos que parecen
xustificar o celtismo galego.
Xa
a paisaxe é inequivoca-
mente celta: rochas de granito cubertas polo limo, da mesma
formación xeolóxica que caracteriza Irlanda, Gales e a Bre-
taña, e que facilita o material para a construción das vivendas
tan tipicamente celtas. Mesmo a choiva, que anualmente aso-
laga Santiago máis incluso do que a un prototípico lamazal
como Edinburgo, é sen dúbida un elemento indispendable do
celtismo. Pero aínda máis importante: os galegos tocan a gai-
ta! Se hai un instrumento celta, de certo é este. E debeu chegar
a Galicia dende Escocia, evidentemente a través do celtismo
común. Que se escoite se non a música dos grupos galegos de
folk máis importantes: celta! Non é de estrañar que os irlan-
deses Chieftains participen nos discos de Carlos Núñez, que
os bretóns Bleizi Ruz teñan gaitas galegas entre os seus in-
strumentos, ou que os galegos, como nación celta, presente
anualmente a súa música no Emvod
ar
Gelted, o «Festival In-
tercelta» en Lorient, xunto con Irlanda, Escocia ou Cornu-
alles. E está o deseño típico da artesanía galega, co seu knot-
work celta, os ornamentos de feitío medieval e serpeante, que
todos coñecemos por Irlanda. E a típica escritura galega, de
forma uncial ó xeito do Book
of
Kells.
Por se non abondasen estas probas, temos o feito de que en
Galicia hai menhires, dólmenes e outros monumentos mega-
Iíticos, tal e como foron erixidos polos antigos celtas en tem-
pos pasados, en Galicia igual ca na Bretaña ou Escocia. Ade-
mais está ese riquísimo conxunto de lendas (celtas!) e de ar-
cai cas tradicións como, por exemplo, a das cacharelas de San
Xoán ou a crenza nas meigas: «Eu non creo nas meigas ... pero
habelas, hainas» (claros vestixios da antiga relixión druídi-
ca!). Mesmo o himno galego non deixa dúbida da raigame
celta de Galicia: un pobo de bardos, descendente do heroico e
mítico patriarca Breogán. O seguinte texto ofrece unha idea
da profundidade coa que este celtismo arraigou na concienca
nacional galega:
Galiza, Nación Celta2
[ ... ] Antes de que las gentes célticas llegasen a galicia
esta tenía el ambiente donde se gestó el pueblo eu-
ropeo de los celtas. Ese ambiente megalítico, se
repartía por toda la costa atlántico-cantabrica en nues-
tra península y aún se reparte, y a pesar de los arados y
el fuerte cristianismo sigue siendo en galicia la zona de
mayor
densidad
megalítica. Se sabe que los celtas
salieron de estas gentes y de ahí la facil aceptación en
las zona antes nombrada. [ ... ] Y es que no es coinci-
dencia que los pueblos que fuesen habitados por celtas
tengan en su folclore
Ia
presencia de
la
Gaita
de la
misma manera que tam poco es coincidencia que si
tu
Galicien-Magazin 16/Mai 2005
haces
una
mezcla
entre
gaélico y
latín
te
salga
algo
muy
parecido
al
gallego [ ... ]
Mas allá del ciego romanticismo de Eduardo Pon-
dal y Manuel Murguía se ve una realidad que no se ale-
ja
tanto de la palabra de los dos escritores gallegos.
Conforman miles
de
leyendas y tradiciones antiguas
nuestra celtia; por ejemplo la torre de hércules que se
identifica con [ ... ]
la
torre
de
breogán
[ ... ].
El
grial
se
encuentra en O cebreiro según muchos extranjeros. No
existe ningún lugar donde esté más enrraizada
Ia
cos-
tumbre de «San Xoan». El 1 de Febrero (Imbloc) ex-
iste una fiesta en la que se ahuman las cosechas y luego
se ayuda con las del vecino.
Curiosa es la
toponimia;
que dejó el nombre de un
dios celta a una ciudad (Lugo); el nombre de una tribu
(brigantinos) a toda una zona (bergantiños) y el de una
raza (celtas) a tres poblaciones gallegas (céltigos; en la
provincia de A Coruña; Céltigos en la Mariña lucense;
y Céltigos mas abajo de
Ia
ciudad de Lugo).
Mas si esto, y muchas más cosas con las que se
harían uno o diez libros, no bastasen, llegan exiliados
bretones
en
el siglo V para quedarse en el antiguo
Reyno de Galizia; y fundan el Vispado de Britona; del
mismo modo que fundaron en francia el reino de Bre-
toña; y establecen su capital en el pueblo que aun hoy
existe: Bretoña. Mas cuando a toda españa le atacaban
los musulmanes; aquí pocos recuerdos de ellos
quedaron; porque nuestros enemigos venían de otro
lado; nos atacaban los Normandos.
He aquí, en
Ia
esquina de todo la celtia española, la
galia pequeña, la otra bretaña, la madre de irlanda,
abuela de escocia, nación de breogán, la cuna de
Amergín, el reino de gaedels, territorio del milesián,
los hijos de Scythia, el refugio bretón, la isla galaica, la
patria de Occe ... He aquí Galiza «unha das sete
nacións celtas».
*
Aquí, cando remata a primeira parte da miña exposición, o
lector xa terá notado que os elementos citados non son moi
apropiados para xustificar o carácter celta de Galicia. Polo
~
Este é o texto da Íniña comunicación para ó Día das Letras Galegas do
ano 2004 en Heidelberg. É unha obriga satisfactoria e agradable agra-
decerlle a Paula Bouzas a tradución ó galego deste texto.
2 http://www.celtiberia.netlarticulo.asp?id=52l (03.05.2004). Artigo pu-
blicado
no
foro internet Celtiberia baixo o pseudónimo
«Xeo!»
(09/05/2003). Para manter a impresión do orixinal abstéñome de mar-
car tódolos erros ortográficos con «[sic!]».
37
Día das Letras Galegas 2004
menos non dun xeito que satisfaga os criterios científicos. E
por moi fermosas que sexan estas lendas, debemos agora fac-
er por destruílas. Rematemos polo tanto co apartado «lendas e
contos celtas sobre Galicia» e teñamos en conta separada-
mente cada un dos «argumentos» aducidos.
Que a meirande parte dos países aínda hoxe celtas formen
parte igualmente do dobramento das montañas armoricanas,
evidentemente, non ten nada que ver en absoJuto coas culturas
e
as
linguas que alí se asentaron. Formacións rochosas seme-
llantes poden atoparse por toda a costa atlántica. E se a choiva
é constitutiva de celtismo, entón deberiamos estar falando
gaélico en Alemaña!
Son as gaitas celtas? A penas. Por unha banda, hai gaitas
case por toda España e mesmo por toda Europa: en Castela a
gaita castellana, en Cataluña o sae de gemecs, en Mallorca as
xeremies, na Gascuña a boha, na Auvergne a c(h)abreta, o
moezelsak neerlandés, a zampogna italiana, cun nome que
lembra á grega tsampouna. En Alemaña é o Bock o que se
mantén máis vivo. E a gaida búlgara é seguramente tan im-
portante para o seu folclore como as Uillean Pipes o son para
Irlanda. Por outra banda, hai países celtas que carecen de gai-
ta:
en Cornualles e en Gales non ten tradición este instrumen-
to. E no que se refire ó uso diario dun idioma propiamente
céltico, Gales é o país máis celta de todos. Ningún outro
idioma céltico fóra do galés presenta máis de 500.000
falantes! O prezo é evidente ... un consecuente rexeitamento
da gaita!
Non é que os galeses non coñezan a gaita; ademais esta
foi antano asociada con Inglaterra: nun poema do século XV,
o bardo galés Tudur Penllyn láiase amargamente porque o
gaiteiro afoga co seu basto instrumento o delicado son da súa
arpa. E ese gaiteiro é inglés! (Jackson 1971:216f.). De ser a
gaita un instrumento europeo, puido manterse vivo nas rexións
máis desposuídas e pobres, entre as cales se atopan tódalas
celtas, e tamén Galicia. Se o folclore galego soa hoxe celta non
se debe a que a música tradicional galega fose orixinariamente
tal; aínda que tampouco se debe a que grupos como Milladoiro
ou Luar na Lubre «falsificasen» ese folclore. O motivo está
máis no feito de que a conciencia celta de moitos músicos des-
pertou o interese pola música irlandesa, escocesa o bretona,
apúntandose
ás
propostas chegadas de alí. Así acontece tamén,
por exemplo, co uso do bouzo uki como instrumento acom-
pañante por parte de grupos irlandeses como De Dannan ou
Planxty, que desenvolveron con el o seu son característico. En
efecto sabemos que Johnny Moynihan e Andy Irvine, do
grupo Sweeny' s Men introduciron alá polo 1965 o bouzouki
na música tradicional irlandesa (efr. Ó Callanáin / Walsch
1989). Isto significa que o instrumento acompañante por
antonomasia da música celta aínda se descoñecía completa-
mente no ámbito desta música antes do 1965.
Hai en efecto hoxe en día un celtic so und, común ós músi-
cos de Irlanda, Escocia, Bretaña e Galicia. Pero este son non
se basea en tradicións milenarias, senón no intenso intercam-
bio de discos dende o impulso que experimentou o folk nos
anos setenta. Observemos o repertorio tradicional dos
gaiteiros galegos, constituído en grande parte polos mesmos
fandangos, jotas e valses ca o dos gaiteiros casteláns. E
as
pandeiradas galegas soan máis mouras ca celtas, porque non
38
se basean na escala pentatónica (coma na Bretaña), ou a
mixolídica (coma en Escocia ou en Irlanda), senón nas carac-
terísticas escalas menores alteradas, que comparten tódalas
músicas rexionais españolas. O mesmo vale para a artesanía.
Os elementos celtas na artesanía típica son efectivamente
antigos e tradicionais - o que pasa é que non son orixinarios de
Galicia senón que proveñen de Escocia e Irlanda! Isto é,
primeiro está o desexo de celtismo e despois os seus símbolos,
pero nada máis!
Vaiamos agora á cultura megalítica, denominada céltica.
En contra do que tanto cultos coma incultos cren de forma
cega, os dólmenes e menhires non teñen nada
qu~
ver con
celtismo! Cando polo ano 1800
a.
C. os primeiros celtas
chegaron á Gran Bretaña, os Stonehenge tiñan xa 200 anos de
antigtiidade e os pequenos monumentos megalíticos quizais
miles. Se os megalitos fosen un argumento para afirmar a
celtidade dun lugar, media Europa debería considerarse celta.
De querer facer valer o argumento da toponimia, sería
Francia a sétima nación celta, por enriba de Galicia. Porque se
Lugo vén en efecto do deus Lug (e non do latín
LUCUS
'pe-
queno bosque', 'claro do bosque'), tamén viría o topónimo
francés Lyon e mesmo o belga Leuven. E é de feito evidente
que as lendas e as supersticións non son celtas tampouco. O
que acontece é que se conserva un maior número de elemen-
tos culturais típicos en rexións marxinais de Europa, que se
caracterizan pola súa pouca ou ningunha industrialización e
pola súa formación tradicional, e
ás
cales a ilustración euro-
pea puido chegar con considerable retraso.
Hai lumaradas de San Xoán por todo o mundo, por exem-
plo en Cataluña, e se as meigas fosen celtas, os vascos de-
berían considerar seriamente cambiar de idioma. As meigas,
no sentido no que nós entendemos o concepto, aparecen de
forma moi marxinal na literatura celta por min coñecida. E esa
afirmación de que o galego provén dunha mestura entre gaéli-
co e latín é simplemente.impresionante ... Un se pregunta, por
que están o portugués e o castelán tan extremadamente preto,
cando a parte gaélica do galego debería facer imposible a
comprensión.
*
A
miña
tese de entrada foi: Galicia é unha nación que
pertence ó círculo das nación celtas. A miña antítese es-
naquizou tódolos argumentos de base. Agora é o momento
de elaborar unha síntese e de formular de novo a pregunta:
Que hai realmente celta en Galicia? O que é incontestable é
que houbo celtas na Península Ibérica. Antonio Tovar, ex-
perto para a historia das linguas da península, conseguiu de-
scifrar inscricións en escrita ibérica de xeito que non quedou
dúbida do seu carácter céltico (efr. Tovar 1958). Posuímos
algunhas amplas inscricións, cun léxico que se subtrae a
miúdo a
unha
interpretación, pero con palabras gramaticais e
con morfoloxía de carácter celta; especialmente a extensa in-
scrición (máis de cen palabras) de Botorrita (Zaragoza). Así
pois é o celtíbero, xunto co galo da civilización La Tene e o
norditaliano lepóntico, o terceiro dialecto coñe cido do célti-
co continental (Rus sei 1996:6f.). Non podería ter sido esta
tamén a lingua dos «proto-galegos»? A cuestión ficou aínda
Galicien-Magazin 16/Mai 2005
aberta tralas conclusións de Tovar en 1958; en 1977 tivo que
revisar as súas análises: os celtíberos non se espallaron
en
absoluto pola Península lbérica, senón que marcaron de
xeito bastante nidio un territorio, isto é
[ ... ] Keltiberien, d.h. einer ungefahr 200 km breiten
Zone, die im Norden mit den Duero-Quellen beginnt
und im Stiden mit den letzten Auslliufern der Berge
von Cuenca abschlieBt. Sie erstreckt sich bis an den
Ebro und folgte seinem rechten ZufluB, dem Huerva,
einer Nord-Stid-Linie, die bis Teruel und Villastar
reichte.
1m
Westen erstreckte sich Keltiberien bis Clu-
nia und Termes (Plin. 3,27).
1m
Stiden war Segobriga
(Cabeza de Griego, stidwestlich von Tarancón) eine
wichtige keltiberische Stadt (Ptal. 2, 6, 57). Nach Stra-
bo (3, 2,
II
S.
148; 4,
12
S.
162) liegen die Quellen des
Guadiana, des Tajo und des Duero in Keltiberien (To-
var 1977:46).3
Polo tanto quedan descartados definitivamente os celtíberos
como antepasados dos galegos actuais! Sobre a lingua dos
antigos habitantes
da
Callaecia sabemos pouco menos
ca
nada (Tovar 1977:54f.). Pero, non serían celtas os introdu-
tores da cultura castrexa (ca.
s.
VI a.C.-VI d.C.)
en
Galicia?
Esta teoría tamén a rexeita expresamente o historiador
galego Ramón Villares:
A consideración de que a poboación antiga de Galicia
e, máis en concreto, a que habitaba os castros era de
raza celta é unha tradición que, despois de ter sido
hexemónica na literatura e na historia, remanece hoxe
aínda a nivel popular. Este arraigo do celtismo deriva
das mesmas fontes literarias que, no caso de A vieno,
aluden ós saefes celtas que desprazaran á pacífica
poboación oestrymnia, e no caso de Mela, Strabóll ou
Plinio, que sitúan constantemente os 'celtici' como
ocupantes do Noroeste da Iberia. Pero ademais destas
referencias literarias, o celtismo atinguiu tal fortuna
historiográfica debido a que historiadores románticos
e logo poetas de inspiración épica como Pondal situ-
aron ós celtas como principal mito fundador da na-
cionalidade galega. O exemplo máis sobranceiro é o
do historiador Manuel Murguía [ ...
].
Pero se este re-
curso ó celtism o é lexitimo e coherente na obra de
Murguía e no contexto romántico no que agroma, non
pode sosterse na actualidade esta exclusividade célti-
ca
da poboación castrexa (Villares 1992:25f.).
A fantasía dos celtófilos galegos
non
se veu avivada polos
autores clásicos que Villares cita como testemuñas da celti-
dade galega. Sobre todo, tivo relevancia un documento me-
dieval irlandés: o Lebor Gabála Érenn ou «Libro das con-
quistas de Irlanda». Neste libro tentaron os monxes gaélicos,
alá polo 1170, describir de forma coherente o pasado de Ir-
landa a través de diferentes oleadas de conquistas (e de paso
cristianizalo na medida do
posible):
No libro mestúrase o
místico co histórico dun xeito que para un lector de hoxe re-
sulta hermético. O seu contido foi o repertorio indispensable
até o século XVII dosfili, os bardos irlandeses.
Galicien-Magazin 16/Mai 2005
Día das Letras Galegas 2004
Das seis grandes conquistas de Irlanda, interésanos a
última, denominada a dos fillos
de
Mil.
E interés anos espe-
cialmente, porque segundo os textos antigos, esta sexta e der-
radeira conquista de Irlanda provén de Hispania: máis concre-
tamente da zona da actual Galicia. Conforme a lenda, deberon
chegar dende Exipto, a través de Creta e Sicilia, á Península
lbérica, onde se estableceron. Isidoro de Sevilla (experto en
curiosas etimoloxías) estaba daquela convencido de que o
nome latino de Irlanda, Hibernia, proviña do nome Iberia.
redator Scithia,
...
fonais Niul Scota,
conpert ar naithre.
Ainm
gabsat Gaeidil,
rethis
Scot
comainm,
cain ingen Forainn.
Siechtator Espain
a ccoimpert olith,
Donn, Airech, Aimirgin,
Eber, Ir, Aon Cholpta,
Ereamon, Erannán,
ocht maca Golaim.
...
viñeron de Scythia
...
Niul casou con Scota
(e) enxendraron nosos·pais.
Déronse o nome de «gaélicos»
E tamén «escoceses»
Do
(nome)
da
fermosa filla do
Faraón
..
Viñeron a Hispania
Onde tiveron motia descen-
dencia:
Donn, Airech, Aimirgin,
Eber, Ir, Aon Cholpta,
Ereamon, Erannán,
Os oito fillos de Golaim.
Na historia dos antepasados atopámonos de novo co Breogán
do himno galego. Resulta que Breogán foi o señor dun reino
en
Hispania, que debeu coincidir en grande parte coa actual
Galicia. Breogán non foi un guerreiro victorioso
en
múlti-
ples batallas contra os pobos veciños, senón que ademais
fundou
unha
importante cidade, que foi chamada Brigantia e
que seguramente se corresponde coa actual Coruña. E xusto
a carón
do
mar
fixo construír unha atalaia:
Ro cumdacht cathair ia-
romh
la
Breoghan isin
Easpain, Brigantia a
hainm, y
do
ronadh tar
lais ara hionchaibh, dia
ngoirter Tar Breoghain
(Sainero 1998:72).
Despois fundou Breogán
unha cidade en Hispania
chamada Brigantia e fi-
xo construír Ó seu carón
unha torre, que se
chama
a Torre de Breogán.
Suponse
que
esta torre debeu ser erixida no mesmo lugar
ca
a actual torre de Hércules, o símbolo
da
cidade. Un dos de-
scendentes de Breogán, chamado Ith, tras dexergar dende a
3 «[ ... ] Celtiberia, é dicir, unha zona de aproximadamente 200 km. de am-
plitude, que comeza nas fontes do Douro e remata coa derradeira estri-
bación
da
serra de Cuenca. Esténdese até o Ebro, seguindo o seu afluen-
te dereito, o HueIfa, e describindo unha liña norte-sur que chega até Te-
ruel e Villastar. Polo oeste estendíase Celtiberia até Clunia e Termes
(Plin. 3,27). No sur estaba Segobriga (Cabeza de Griego, ó sudoeste de
Tarancón), unha importante cidade celtíbera (Ptol. 2, 6, 57). Segundo
Estrabón (3, 2,
II
p.
148; 4,
12
p. 162), Celtiberia abranguería as fontes
do Guadiana, do Texo e do Douro».
4 Sigo aquí a Botheroyd / Botheroyd (1996) S.YY. «Lebor Gabála Érenn»,
«Mil» e «Milesier».
39
Día das Letras Galegas 2004
-------------------------------
torre unha misteriosa illa, púxose en camiño, ignorando a
prohibición paterna, decidido a explorala. Alí sería asasina-
do a traición pola tribo dos Tuatha Danann, daquela o
poder dominante na illa verde. Por iso,
os
seus familiares,
querendo vingar a súa morte, decidiron conquistar a illa. E
estes familiares non son outros que
os
fillos
do
heroe Go-
laim, que aparece nos manuscritos gaélicos co sobrenome
Míl Espaine, 'soldado español'. E xa que tivo éxito a través
da descendencia de Mil, esta sexta e deAadeira oleada é
coñecida como a Invasión dos fillos
de
Mil:
Míl é para os ir-
landeses o antepasado de tódolos gaélicos. Podería imaxi-
narse mello r proba da celtidade galega ca o feito de que os
propios galegos colonizaran Irlanda, o prototipo de nación
celta?
Unha bonita historia e abofé un heroico e venerable pa-
triarca o que atoparon os galegos en Breogán. Pero antes de
que caiamos tamén
no
delirio celta xeral, debemos lembrar
cando se produciu esta conquista gaélica (ou goidélica) de Ir-
landa:
no
600
a.
C.!
E os 2600 anos que pasaron polo medio
non estiveron exentos de acontecementos".
No 411
d.
C.
o emperador Honorio permitiulles ós sue-
vos, pobo
do
tronco xermánico, establecerse na provincia da
Gallaecia, onde o seu reino sobre viviu durante centocin-
cuenta anos até que
foi
anexionado ó (tamén xermánico!)
reino visigótico
no
ano 585. De terse querido, puideran ser
os xermanos igual de apropiados na creación dun mito na-
cional galego. Podemos supor con seguridade que ningúen,
trala conquista romana e
as
diferentes ocupacións xermáni-
cas, foi quen de poder falar unha lingua celta.
Pero aínda vén unha nova celtic connection galega: e de-
sta volta non vai cara
ás
illas Británicas, senón que provén de
alí. Despois de que a principios
do
século V Roma renuncia-
se á Britannia como provincia, os británicos e celtas locais
non podían eles sós contra
os
belicosos pictos. Por iso, o seu
rei Gwrtheyrn chamou ós saxóns,
ós
anglos e
ós
xutos no ano
428; e estes, se ben solucionaron efectivamente o problema
dos pictos, convertéronse en si mesmos nun problema aínda
meirande. No que respecta
ós
habitantes celtas da Britannia,
non opuxeron resistencia á progresiva xermanización da illa
a longo prazo, nin sequera cando
as
historias arredor do len-
dario Rei Artur parecen suxerir o contrario; e
no
que respec-
ta
ós
británicos, foron afastados a empurróns cara
ás
zonas
periféricas (Cornualles, Gales e Cumbria). Pero isto non foi
todo. Contra o ano 460 tivo lugar un éxodo masivo de britán
icos e celtas cara ó continente. A meirande parte dos emi-
grantes establecéronse na península de Armórica, a cal «re-
celtizaron» e a cal dende aquela recibe o seu nome, isto
é,
Bretaña. Unha parte dos emigrantes, con todo, deberon de-
splazarse a Galicia. Xa que este acontecemento non é men-
cionado nas correspondentes obras introdutorias de filoloxía
celta, teñen un valor especial
as
observacións de Arzel Even
na súa Istor ar yezhou keltiek
(<<Historia
das linguas celtas»),
por provir dun célebre celtólogo.
40
No século VI formaban os británicos unha poboación
suficiente como para ter
un
propio bispado, o bispo
do cal participou
no
Concilio de Lugo
no
ano 569. No
Concilio de Braga
do
ano 572 atopamos novamente
un Britonienisis ecclesiae episcopus, cuxo nome nos
foi transmitido: Mailoc. Aínda nas actas dos concilios
dos anos 653, 675, 683 e 692 aparecen novos bispos
británicos. Cerca de dous siglos conservaron os britá-
nicos galegos a súa identidade. Aínda contra o 900
mención ase nun informe
do
Concilio de Oviedo unha
sede co nome de Britonia; pero xa naquela altura isto
suporía soamente
un
nome tradicional. (Even
1987:170).
Á vista deste informe facémonos a mesma pregunta que se
fai Even: deixou a lingua britónica algunha pegada.no gale-
go? A súa resposta é coidadosa:
..,.
Non creo que esta cuestión fose xa investigada (non
hai moitos filólogos que dominen a un tempo galego
[".] e bretón). Quizais puidera o bretón ter tido influ-
encia sobre a literatura portuguesa, porque a cun a
dese idioma está en Galicia [".)5
Sen ter analizado a cuestión dende un punto de vista exhaus-
tivo e filolóxico, eu (sendo un dos poucos que
se
ocupan en
realidade de ámbalas dúas linguas) descartaría totalmente
esa posible influencia.
O seguinte contacto de Galicia coa celtidade tivo de agar-
dar máis de mil anos. E desta volta non tivo a fasquía dunha
invasión, senón que tivo lugar na cabeza dalgúns románticos
galegos do século XIX. Debemos considerar a estes celtófi-
los galegos como os representantes dun fenómeno que da-
quela estaba difundido pola meirande parte de Europa: a cha-
mada celtomanía.
Cando o
16
de abril de 1746, na batalla de Culloden,
as
guerras xacobitas escocesas supuxeron a fin dos antigos
clans gaélicos,
os
celtas gaélicos de Escocia tiveron o ca-
miño libre para facer aquilo
no
que eran realmente iniguala-
bles, isto
é,
peraltar na derrota o seu propio pasado mítico.
Lembremos que todo o mito europeo de Artur é en esencia a
transfiguración da decadencia do reino celta británico. Trala
caída dunha Escocia independente chegou o momento de de-
scubrir a vida arcaica das Terras Altas escocesas. O home
que o conseguiu cun éxito contundente chamábase James
Mcpherson (1736-1796).
Durante as súas viaxes polas Terras Altas, este Mcpher-
son «descubriu» o fragmento dun antiquísimo poema épico
en lingua gaélica, no que se celebraban
as
fazañas de Os-
sian, fillo de Fingal. Mcpherson traduciu o fragmento ó in-
5 O orixinal bretón reza: «E-kreiz ar VIvet kantved e oa niverus a-walc'h
ar Vrezhoned e Galisa evit kaout
un
eskob, a gemeras perzh e sened-iliz
Lugo e 569. En hini Braga, e 572, e oa adarre ur Britonienisis ecclesiae
episcopus, ha miret eo bet e anv, Mailoc. Eskibien vrezhon all
azo
me-
neget c'hoazh e danevellou ar senedou-ilis daIc'het e 653, 675, 683 ha
692. E-pad ouzhpenn daou gantved, enta, e viras ar Vrezhoned o fer-
sonelezh [Nota a de páxina: E 900, zoken, e veneg danevell sened
Oviedo
ur
sez anvet Britonia; hogen un anv hengounel e oa neuze moar-
vat]. [
...
] Ha lezet
he
deus o yezh ur roud bennak er galiseg? Ne gredan
ket ez eo bet studiet ar gudenn -n' eo ket stank ar yezhourien barrek war
ar galiseg [ ... (Even 1987:170).
Galicien-Magazin 16/Mai 2005
glés e publicouno, causando unha verdadeira revolución: os
escoceses, humillados, deron en buscar elementos de iden-
tidade nacional despois de seren aniquilados como estado.
E de xeito totalmente xeralizada comezou a porse de moda
o antigo. Nos anos seguintes, Mcpherson «atopou» o manu-
scrito completo dunha epopeia, descoñecida até ese mo-
mento, sobre a vida de Fingal, un dos reis escoceses do sé-
culo III. Publicou a tradución ó inglés no ano 1762, baixo o
título The Works
of
Ossian, the Son
of
Fingal, translated
from the Galic language by James Mcpherson. O libro foi
un bestseller no seu tempo! A tradución en Alemaña foi
asumida nada menos que por Herder, mentres que Goethe
fai que o seu exaltado Werther prefira a Ossian ante ca a
Homero. Xa no tempo de Mcpherson houbo manifestacións
de escepticismo con respecto á autenticidade dos poemas,
entre outras cousas porque o tradutor non proporcionara o
texto gaélico orixinal. Trala súa morte,
as
sospeitas con-
firmáronse: os antigos poemas gaélicos puideran revolucio-
nar aquel tempo porque efectivamente eran un produto dese
tempo. Toda aquela romántica gloria celta resultara unha
mera falsificación.
Pero a celtomanía xa non se detivo. En Inglaterra fundá-
ron
se
ordes druídicas, que facían fantasiosas celebracións
do
solsticio
no
-supostamente -céltico Stonehenge. E a moda
estendeuse rapidamente a outros países.
Un
dos produtos
desa moda
foi
a obra de Vicenzo Bellini Norma, estreada en
1831
na Scala de Milán. A súa acción transcorre contra o ano
50
a.
C.
na Galia ocupada polos romanos e está chea de fra-
gas sagradas, druídas, bardos, sacerdotisas e barbudos gue-
rreiros galos. O feito de que moitos dos seus nomes non soen
certamente celtas, non perturbou ó compositor (a amiga de
Norma chámase, de feito, Clotilde
...
).
Introduzámonos bre-
vemente nesta ópera (non pode un imaxinar mellor ilustra-
ción
do
concepto celtomanía):
PRIMEIRO ACTO. Abertura. Introdución e coro
O telón álzase tralo vixésimo compás. A fraga sagra-
da
do
deus pagán Irmin. Á dereita, baixo
un
grande
carballo cuberto de muérdago, sobre escalóns,
as
co-
lumnas do Deus e a pedra do Druídas, que serve de
ara. Pendurada do carballo, a espada de Brennus xun-
to
a
un
escudo. Á esquerda, detrás, unha sucesión de
rochas. É noite; a lúa está cuberta polas nubes.
PRIMEIRA ENTRADA
Dezaoito xefes e guerreiros galos. Sacerdotes druídas
vestidos de branco. Catro gardas do templo. Dous ra-
paces. Despois Oroveso, o primeiro entre
os
druídas.
Dezaoito guerreiros galos armados con escudos, lan-
zas, porras e machadas, sacerdotes druídas vestidos
de branco, dous gardas do templo con grandes lanzas
e hastas, dous rapaces con fachos chegan pola derei-
ta, por detrás da pedra dos druídas. Oroveso chega de
último, detrás, pola dereita, e pisa na pedra. Os dous
gardas
do
templo con lanzas e hastas ségueno e coló-
canse xunto
ós
outros dous gardas. Todos inclínanse
ante a pedra dos druídas cara á dereita.
Galicien-Magazin 161Mai 2005
Día
das
Letras
Galegas
2004
OROVESO
Ite sul colle, o Druidi,
Ite a spar ne' cieli
Quando
il
suo disco argenteo
La nuova Luna sveli!
Ed il primier sorriso
Del virginal suo viso
Tre volte annunzi
il
mistico
Bronzo sacerdotal!
...
Nesta celtomanía atopou o Rexurdimento galego unha patria
ideolóxica ou mesmo estética.
Os
máximos representantes
son Eduardo Pondal e Manuel Murguía. Para Murguía, o
home de Rosalía de Castro, é a celtidade o elemento esencial
da identidade galega e non se cansa de dar argumentos e xus-
tificacións para apoiar este estatus especial de Galicia. Na
súa opinión, Galicia estaría poboada, antes da invasión celta,
por cavernícolas semihumáns: «Gracias que sea dado presu-
mir que eran pacas y fueron pronto despojados» (Murguía
1981
:21). Xusto a continuación tivo lugar a fundación da pa-
tria galega da man dos arias celtas:
El día en que las tribus célticas pusieron el pie en
Galicia y se apoderaron del extenso territorio que
componía
Ia
provincia gallega, á
Ia
cual dieron nom-
bre, lengua, religión, costumbres, en una palabra,
vida entera, ese día concluyó
el
poder de los hombres
inferiores en nuestro país (Murguía
1981
:21).
Como para a meirande parte dos arqueólogos de calquera
época, os monumentos megalíticas foron tamén para
el
vestixios inequívocos do celtismo:
Todo dice, por
lo
tanto, que
el
celta se apoderó de Gali-
cia como verdadera vencedor; esto es, por entero y
para siempre.
Él
cubre durante los siglas nuestro terri-
torio, es su verdadero poseedor: sus hijos acampan to-
davía en los mismos lugares que ellos
le
dieron por pa-
tria. [
...
] Los mismos monumentos prehistóricos
pueden ajudicárselo sin temor,
al
menos en
su
mayor
parte. Nada hay en neustra antigiiedad que
de
ella
no
venga ó con ella
no
empiece.
El
celta es nuestro único,
nuestro verdadero antepasado (Murguía
1981
:22).
Manuel Castro (Presidente da Liga Celta Arxentina) de-
scribe esta postura
do
seguinte xeito no seu artigo «Celtas y
celtismo» :
Para Murguía es Galicia plenamente céltica, una mar-
ca céltica, como lo fueran Irlanda o la Bretaña; un fin-
isterre más, que, en el mundo antiguo, mantuvo un
haz de relaciones con los otros pueblos célticos y que
vivió largos siglos separado del resto de la Península
por las mont:ffias, confinada en su rincón atlántico.
De este modo, a partir de los celtas, surge en todos los
estudios de Murguía una clara idea -una resultante -
de nacionalidad gallega
...
6
6 http://www.almargen.com.ar/sitio/seccionlculturalceltas5/ ( 13.5.2004).
4\
Día
das
Letras
Galegas
2004
-------------------------------
Puideron asumirse satisfactoriamente como curiosidades
estas opinións daquela, no 1885, no espírito que dominaba a
época e nun determinado estadio científico; pero no noso
tempo son simplemente inaceptables! Dende o punto de vista
actual da celtoloxía e da arqueoloxía pódese afirmar que
Murguía (en grande parte inocentemente) non tiña coñece-
mentos sobre aquelo do que escribía. Pola contra, Manuel
Castro
si
debería telos hoxe, igual ca o «Xeol» da detallada
cita introdutoria. Pero en vista dunha histoda máis ben pou-
co gloriosa da nacionalidade galega e dunha lingua pouco di-
ferenciada das súas veciñas, castelán e portugués, atopou o
rexionalismo galego no celtismo un criterio diferenciador,
apropiado para soster un nacionalismo tamén emocional.
Eduardo Pondal (o autor do himno galego) identificou
até tal punto a súa patria co fogar de Breogán, que na súa
obra a penas aparece o nome de Galicia. Pondal renunciou
cedo á súa profesión de médico e adicouse dende entón á
poesía. Na súa cidade natal, A Coruña, sostivo unha tertulia,
«A Cova Céltica», na que Murguía lle deu a coñecer os poe-
mas osiánicos de Mcpherson. Pondal viuse a si mesmo no
papel de bardo da nación galega, como guía espiritual e
intérprete do destino de Galicia: pobo de bardos, froito das
mesmísimas entrañas do heroico e místico patriarca
Breogán.
Os tempos son chegados
dos bardos das edades
que as vosas vaguedades
cumprido fin terán;
pois, donde quer, xigante
a nosa voz pregoa
a redenzón da boa
nazón de Breogán.
E o mito celta de Galicia chega até os nosos días, como xa
comprobamos na cita inicial. Juan Zarandona Fernández re-
duce este fenómeno a un denominador común na súa exposi-
ción sobre «Arthurian Literature and the Building
of
Peripheral National Identities
in
Contemporary Spain: Cat-
alonia, Galicia and the Basque Land», cando escribe:
Galicia, the humid North-West Spanish reg ion that
made its collective mind up to turning into a full
Celtic nation, represents the most surprising example
of
this phenomenon associating ancient Arthurian
myth and current affairs.7
Interesante (e acertada) resulta a formulación «made its co-
llective mind up». Porque se Galicia ten de ser unha nación
celta, non o será por xustificacións históricas, etnolóxicas ou
lingtiísticas verificables, senón no marco dun acto voluntario.
42
A celtidade real da Galicia moderna radica nunha moi
estendida identificación cos «decorados» da cultura celta; na
enorme popularidade dos grupos celtas; na fascinación dos
escritores por todo o celta. E esa celtidade non a censurarei
como experto! Atribúeselle ó filósofo francés Ernest Renan
unha sarcástica sentencia segundo a cal unha nación é «un
grupo de persoas que se mantén unido grazas a
un
erro sobre
a súa procedenza histórica».8
Conforme a esta definición, a teoría da celtidade galega,
malía a súa insostibilidade dende o punto de vista científico,
sería un válido elemento constitutivo da consciencia nacio-
nal galega. Logo de que «Galicia, nación celta» pareza insos-
tible, a miña proposta de consenso rezaría «Galicia', nación
celtófila!» .
Bibliografía
Botheroyd, Sylvia I Botheroyd, Paul (41996): Lexikon der
keltischen Mythologie, Miinchen: Diederichs.
Even, Arzel (1987): Istor
ar
yezhou keltiek,
I.
Ar
yezhou in-
dezeuropek,
ar
c'
helt-edaleg, an hengeltieg, ar galianeg,
ar
predeneg,
ar
brezhoneg, ar c'herneveg, Lesneven:
HorYezh.
Herm, Gerhard (1988): Die Kelten, Reinbek bei Hamburg:
Rowohlt.
Jackson, Kenneth Hurlstone (Hg.) (1971): A Celtic Miscel-
lany, London: Penguin.
Murguía, Manuel (1981): Galicia, reimpresión da primeira
edición do ano 1885, Barcelona:
EI
Albir.
Ó Callanáin, Niall I Walsh, Tommy (1989): The Irish
Bouzouki, Dublin: Waltons.
Russell, Paul (1996): «The historical background to the
Celtic languages», en: Idem: An Introduction to the
Celtic Languages, London / New York: Longman 1-24.
Sainero, Ramón (21998): La huella celta en España e Irlan-
da, Madrid: Akal.
Tovar, Antonio (1958):
«'Das
Keltiberische', ein neuer
Zweig des Festlandkeltischen», en: Kratylos
3,1-14.
Tovar, Antonio (31989): Einfohrung
in
die Sprachgeschichte
der Iberischen Halbinsel: das heutige Spanisch und seine
historischen Grundlagen, Tiibingen: Gunther Narr.
Tovar, Antonio (1977): «Indogermanisch, Keltisch,
Keltiberisch», en: Schmidt, Karl-Horst (ed.): Indoger-
manisch und Keltisch, Wiesbaden: Reichert 44-63.
Villares, Ramón ('1992): A historia, Vigo: Galaxia.
7 http://www.wkac.ac.uk/arthur/abstracts/femandez.html(8.5.2004).
8
«A
nation
is
a group of people united by a mistaken view about the past
and a hatred
of
their neighbors.»
Galicien-Magazin
161Mai
2005
ResearchGate has not been able to resolve any citations for this publication.
Istor ar yezhou keltiek, I. Ar yezhou indezeuropek, ar c' helt-edaleg, an hengeltieg, ar galianeg, ar predeneg, ar brezhoneg, ar c'herneveg
  • Arzel Even
Even, Arzel (1987): Istor ar yezhou keltiek, I. Ar yezhou indezeuropek, ar c' helt-edaleg, an hengeltieg, ar galianeg, ar predeneg, ar brezhoneg, ar c'herneveg, Lesneven: HorYezh.
Galicia, reimpresión da primeira edición do ano 1885
  • Manuel Murguía
Murguía, Manuel (1981): Galicia, reimpresión da primeira edición do ano 1885, Barcelona: EI Albir.
«The historical background to the Celtic languages», en: Idem: An Introduction to the Celtic Languages
  • Paul Russell
Russell, Paul (1996): «The historical background to the Celtic languages», en: Idem: An Introduction to the Celtic Languages, London / New York: Longman 1-24.
  • Antonio Tovar
Tovar, Antonio (1958): «'Das Keltiberische', ein neuer Zweig des Festlandkeltischen», en: Kratylos 3,1-14.
Einfohrung in die Sprachgeschichte der Iberischen Halbinsel: das heutige Spanisch und seine historischen Grundlagen
  • Antonio Tovar
Tovar, Antonio (31989): Einfohrung in die Sprachgeschichte der Iberischen Halbinsel: das heutige Spanisch und seine historischen Grundlagen, Tiibingen: Gunther Narr.